Interpretación temática en espazos naturais protexidos - 5ª edición
A interpretación, como metodoloxía para comunicar os valores e a importancia do patrimonio, parte dun concepto metodolóxico básico, o "tema", concepto que habitualmente presenta dificultades para a súa formulación e aplicación. A finalidade deste curso é expoñer e analizar os conceptos esenciais que fan desta disciplina unha metodoloxía idónea para conectar co público que visita os espazos naturais, poñendo especial énfase nesta idea central que denominamos "tema interpretativo".