Curso Avanzado de Interpretación do Patrimonio: Deseño de Visitas Guiadas - 8ª edición
O curso pretende que as persoas participantes adquiran os coñecementos, destrezas e actitudes necesarias para que exista unha comunicación temática, organizada, relevante e amena co público que visita os espazos con valor patrimonial no seu tempo de ocio, fomentando neles o desenvolvemento de actitudes de aprecio e custodia polo patrimonio presentado.