Cursos dispoñíbeis

Curso Avanzado de Interpretación do Patrimonio: Deseño de Visitas Guiadas - 8ª edición

O curso pretende que as persoas participantes adquiran os coñecementos, destrezas e actitudes necesarias para que exista unha comunicación temática, organizada, relevante e amena co público que visita os espazos con valor patrimonial no seu tempo de ocio, fomentando neles o desenvolvemento de actitudes de aprecio e custodia polo patrimonio presentado.

Curso Básico de Interpretación do Patrimonio - 26ª edición

Este curso pretende a adquisición dos coñecementos, destrezas e atitudes necesarias para utilizar a Interpretación do Patrimonio como ferramenta de comunicación, coa fin de entregar unha información temática, organizada, relevante e amena ao público que visita os espazos con valor patrimonial no seu tempo de lecer, e que fomente neles atitudes de aprezo e custodia polo patrimonio presentado.

Deseño de Actividades para unha Educación Ecosocial - 4ª edición

O alumnado deste curso poderá coñecer e/ou ampliar os recursos didácticos con novas propostas, contidos, técnicas e actividades propias para unha educación ecosocial.

Interpretación temática en espazos naturais protexidos - 3ª edición

A interpretación, como metodoloxía para comunicar os valores e a importancia do patrimonio, parte dun concepto metodolóxico básico, o "tema", concepto que habitualmente presenta dificultades para a súa formulación e aplicación. A finalidade deste curso é expoñer e analizar os conceptos esenciais que fan desta disciplina unha metodoloxía idónea para conectar co público que visita os espazos naturais, poñendo especial énfase nesta idea central que denominamos "tema interpretativo"

Produtos interpretativos para a cultura oceánica

A interpretación, como metodoloxía para comunicar os valores e a importancia do patrimonio, parte dun concepto metodolóxico básico, o "tema", concepto que habitualmente presenta dificultades para a súa formulación e aplicación. A finalidade deste curso é expoñer e analizar os conceptos esenciais que fan desta disciplina unha metodoloxía idónea para conectar co público que visita os espazos naturais, poñendo especial énfase no deseño de medios expositivos