Benvidos e benvidas á
Aula Virtual do CEIDA. A experiencia na organización de actividades formativas presenciais do CEIDA ven desde o 2001. Agora, e grazas ás novas tecnoloxías, da o salto á formación en liña a través da plataforma Moodle.
O
obradoiro en liña Internet como ferramenta de busca de documentación científica é o primeiro curso en liña organizado polo CEIDA, a través do seu
Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga.
Esta actividade enmárcase dentro da
Semana da Ciencia 2008. Realízase grazas a colaboración da Consellería de Innovación e Industria e dentro das accións de comunicación e divulgación científica e tecnolóxica DIVERCIENCIA, no marco do Programa de Comunicación e Sensibilización Social do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (INCITE).
Organiza:


Colaboran:


